Ir al contenido principal

Entradas

Mostrando entradas de enero, 2021

Merendas con contos na casa

Debido ao peche temporal das bibliotecas, as actividades dos venres dirixidas ao nosos usuarios máis novos, serán a través da rede, coma xa realizamos no pasado ano. Comezamos este venres 29 cun tema xa característico noso, a ILUSTRACIÓN,     que comemora o nacemento de CASTELAO,  data que aparece reflexada no Calendario do Libro e da Lectura das Bibliotecas Pública Galegas.  O día da Ilustración celébrase cada ano o 30 de xaneiro e ademáis de lembrar e reivindicar o papel dos profesionais da ilustración na industria cultural, cada ano é homenaxeado un ilustrador histórico galego. A protagonista deste ano é LOLITA DÍAZ BALIÑO . Para coñecer algo máis desta muller galega : Nas Merendas con contos de hoxe  propoñemos dous obradoiros , agardamos que vos agraden e pasedes un bo rato.

Lectura en formato electrónico

  Nesta temporada ( dende hoxe 26 de xaneiro ata o día 17 de febreiro )  na que as bibliotecas imos a estar de novo pechadas, podemos seguir coa lectura en formato electrónico na plataforma GALICIA LE   Aqui atopamos : préstamo de libros revistas audiolibros películas O acceso é moi sinxelo, soamente precisas introducir o USUARIO e CONTRASINAL  que che facilitamos  na biblioteca. Se esqueciches estes datos ou tes algún problema, ponte en contacto coa BPM de Sober :  correo : biblioteca@concellodesober.com teléfono : 982460414    

Peche temporal

 

Novidades no catálogo

  Podemos consultar e levar en préstamo os documentos que vos mostramos. LISTOS PARA PRÉSTAMO : Manuel Rivas (A Coruña, 1957), presenta neste libro o seu desexo de que o planeta enteiro sexa unha zona a defender.  Manuel Veiga Taboada (Monforte de Lemos, 1960),  responde  no seu libro a moitas preguntas sobre a identidade e a historia de Galicia.  Xavier Castro (Cangas, 1954), fai un gran traballo de investigación histórica para recrear a vida cotiá na Galicia dos séculos XIX e XX. Anselmo López Carreira (Vigo, 1951) nesta nova publicación sobre a historia de Galicia fálanos dos tópicos historiográficos que determinan a interpretación da nosa cultura medieval. 

Mañá na biblioteca-CANCELADO

  Comezamos as actividades neste 2021 festexando o nacemento de ALFONSO DANIEL RODRÍGUEZ CASTELAO ( 30 de xaneiro ), data que recolle o calendario do Libro e a Lectura das bibliotecas públicas de Galicia. Un mes no que as actividades programadas teñen moito que ver coa ilustración.

CL- Charlotte

 A segunda lectura neste curso  tan diferente, no que cada persoa le na súa casa, foi unha estupenda e sorprendente novela, CHARLOTTE, do escritor francés DAVID FOENKINOS (París, 1974) . Nas páxinas desta obra coñecemos a vida e o traballo de Charlotte Salomon, unha pintora alemá e xudía, atormentada pola pantasma da tolemia na súa familia tras un terrible achado: o suicidio da súa nai e tamén da súa tía.   Coñecer a Charlotte a través da escritura brillante de Foenkinos é un agasallo. Os dous anos nos que esta pintora  (que chegou a gañar o primeiro premio de Belas Artes en Berlín en 1938) compuxo a súa obra , son tamén os que centran a historia de Foenkinos :   «Douche a miña vida enteira», foi o que lle dixo a pintora ao médico ao que lle confiou a súa obra antes de ser capturada na Costa Azul. En 1943, con 26 anos e embarazada, foi exterminada nunha cámara de gas de Auschwitz. Con frases breves, case poéticas, o autor nos introduce nesta historia ta...

Certames Nadal 2020

 Xa temos premiados nos certames convocados neste Nadal 2020. En postais : cat. A, ata 8 anos : 1º premio CANDELA FERNÁNDEZ RODRÍGUEZ                                   2º premio LEONOR MOLINA RIVAS                                3º premio    ESTRELA CAMPOS VÁZQUEZ cat. B, de 9 a 11 anos :  1º premio  MENCIA FERNÁNDEZ RODRÍGUEZ                                       2º premio DARÍO FERNÁNDEZ GONZÁLEZ                ...