Ir al contenido principal

CL- Charlotte


 A segunda lectura neste curso  tan diferente, no que cada persoa le na súa casa, foi unha estupenda e sorprendente novela, CHARLOTTE, do escritor francés DAVID FOENKINOS (París, 1974) .

Nas páxinas desta obra coñecemos a vida e o traballo de Charlotte Salomon, unha pintora alemá e xudía, atormentada pola pantasma da tolemia na súa familia tras un terrible achado: o suicidio da súa nai e tamén da súa tía.

 Coñecer a Charlotte a través da escritura brillante de Foenkinos é un agasallo. Os dous anos nos que esta pintora  (que chegou a gañar o primeiro premio de Belas Artes en Berlín en 1938) compuxo a súa obra , son tamén os que centran a historia de Foenkinos :   «Douche a miña vida enteira», foi o que lle dixo a pintora ao médico ao que lle confiou a súa obra antes de ser capturada na Costa Azul. En 1943, con 26 anos e embarazada, foi exterminada nunha cámara de gas de Auschwitz.

Con frases breves, case poéticas, o autor nos introduce nesta historia tan dura, máis cunha lectura áxil que non deixa indiferente a ninguén. Interesante artigo sobre esta pintora.

 

Comentarios

Entradas populares de este blog

HOXE EN SOBER

Os alumnos e alumnas da Escola municipal  de teatro  de  Sober   presentan hoxe ás 17:30 horas no auditorio do Centro Sociocultural   a obra 'Sira e o Robot' . 

Recomendaciòns lectoras

Recomendacións verán