Nova edición de Pórticos do gozo : poemas a Pantón do escritor, historiador e poeta Xosé Lois García, editado polo Concello de Pantón (Lugo). En palabras de Flora Enríquez , autora do prólogo, "o autor plasma neste poemario un mundo primixenio no que palpitan as forzas telúricas que inflúen nas xentes que habitan un territorio". Atopámolo na biblioteca na seción de poesía galega G-P Santiago de Compostela deixou fascinado a Federico García Lorca ; descobre a cidade con 18 anos, por primeira vez o 25 de outubro de 1916 durante unha viaxe de estudios por Galicia e regresará tres veces máis. Neste libro, escrito e editado por Henrique Alvarellos , coñecemos algún dos versos inéditos de Poeta en Nueva York , ademais de camiñar có poeta polas rúas da cidade nun relato a modo de crónica que revive estes días únicos. Este volume achega numerosos datos e máis de setenta ilustracións e documentos. Atopámolo na biblioteca en biografías G-B Un fermoso cómic...