Edith Eger tiña 16 anos cando os nazis invadiron o seu pobo en Hungría. Xunto aos seus pais e a súa irmá Magda foron enviados ao campo de exterminio de Auschwitz. Neste emocionante libro , Eger narra a súa vida, primeiro nos campos de concentración, logo en Checoslovaquia e para rematar vivindo nos Estados Unidos, onde se convirte nunha prestixiosa psicóloga alumna de Viktor Frankl ( psiquiatra austríaco fundador la logoterapia ) . Un libro sobrecolledor, potente e inspirador que ,gracias a experiencia vital da autora, busca axudar a persoas con traumas que lles impiden vivir a súa vida con plenitude. Unha inspiradora historia de valentía e supervivencia. O CL Pintor de Castiande continúa coas lecturas dende a casa, sen reunións presenciais, agardando que pronto poidamos estar na biblioteca en torno a nosa mesa, compartindo as lecturas que neste momento teñen que ser a través dos teléfonos, do wsap e de encontros breves na bibliote...