O CL Pintor de Castinande ven de rematar a lectura e as sesións adicadas a esta novela, que foi a protagonista do mes de xaneiro. Novela autobiogáfica de J. R. Moehringer. O autor e protagonista desta obra crece coa súa nai, pois o seu pai abandonounos cando era un bebé. O neno coñece a identidade do pai, un DJ de Nova York, que ten un programa de radio e que escoita habitualmente nun aparato na casa dos seus avós. Ata que esa voz desaparece das ondas. Os seus refuxios son a súa nai e o Dickens, o bar do tío Charlie , onde J.R. crecerá ao carón de moitos homes, que farán crecer a este neno, nun mundo de masculinidades diversas : poetas, policías, apostadores ... Alí foxa a súa identidade e tamén o seu destino, a de un neno sensible e intelixente que acabará por entrar na universidade, o soño da súa nai e publicará un libro, acadando o seu soño de ser escritor. J.R. Moehringer nace en NY en 1964. Recibiu varios premios lietarios , destacando o Pulitzer de periodi...