A lectura proposta para o mes de marzo é a segunda novela de Pilar Méndez Jiménez , que comparte algún personaxe e tamén ambientes da súa primeira historia "Los mares de la canela". Esta novela preséntase como un relato histórico, en tres píses diferentes : España (Galicia e Madrid ), Filipinas e China. Arranca cunha carta para o lector, na que nos fai recordar a historia de Elba, nacida en Vilaescura , a través das palabras de Aureana, a meiga que a guiará toda a súa vida. No ocaso do imperio español de finais do século XIX, a autora desenvolve unha trama apaixonante, de misterios , intrigas e descubertas. Coñecemos a formación das loxias masónicas nas Filipinas, sabemos da primeira muller masona, e da súa influencia na declaración de independencia das Illas Filipinas, o 12 de xuño de 1898, cando as forzas revolucionarias filipinas , baixo o xeneral Emilio Aguinaldo, proclamaron a soberanía e a independencia das Filipinas do dominio colonial de España. A lectura desta no...