Ir al contenido principal

Entradas

Mostrando entradas de mayo, 2024

CL- El desorden que dejas

  A oitava lectura deste curso EL DESORDEN QUE DEJAS ,  é unha novela ambientada en Galicia e escrita por un autor galego , Carlos Montero. Trama : Raquel, unha profesora de literatura, acepta unha substitución no instituto de Novariz, o pobo do seu marido. No seu primeiro día, acha entre os exames unha nota que di "E ti canto vas tardar en morrer?" A ilusión por comezar as clases choca coa benvida dos alumnos. Pronto descubrirá quen era a profesora á que substitue e como marcou a vida de todos. O autor :   Carlos Montero  Castiñeira é un guionista e produtor de cine español. Esta é a súa primeira incursión na escrita.

Programa Universitario de Maiores : camiños de coñecemento e experiencia

O Programa Universitario de Maiores IV Ciclo tivo lugar en Sober entre o 20 e o 29 de maio. O primeiro dos seminarios estivo adicado a Educación para a cidadanía global e un consumo responsable. Impartido por dúas voluntarias da ONG Solidariedade Internacional, que estiveron na biblioteca coas persoas maiores que se anotaron a estes cursos.  O Cine coma linguaxe e a poda de árbores froiteiros, forestais e ornamentais, foron os últimos seminarios deste curso. O conxunto de todos eles forma parte dunha Formación Universitaria para os maiores de 50 anos, que a USC xunto có Concello de Sober poñen en marcha estes últimos anos, e que supoñen unha boa forma de democratizar o coñecemento.  

@elhematocrítico : As Biografías da Biblioteca

 

Mañá na biblioteca : Contacontos

 

Luisa Villalta : Letras Galegas

Luísa Villalta  (A Coruña, 1957-2004) foi unha escritora, docente e violinista galega, homenaxeada neste ano 2004 co Día das Letras Galegas. A partir da lectura da  biografía editada por Lela Edicións, "Tinta de mar", os usuarios da biblioteca elaboraron un pequeno traballo coa vida e obra de Luísa Villalta. O venres, 10 de maio, os nenos e nenas das Merendas con Contos , repartiron a biografía entre os veciños de Sober, que foron atopando nos establecementos comerciais.  Unha tarde para difundar a nosa cultura.   

Merendas con Contos-Maio