Rematamos o primeiro trimestre do CL Pintor de Castinande coa lectura desta novela , Sylvia, do autor coruñés Celso Castro. Trátase dunha fermosa historia de amor non correspondido. Un home namora de Sylvia, una muller de máis idade ca el, e que está namorada doutro home, de modo que utiliza ao protagonista cando lle convén. Fálanos tamén das relacións nais / pais e fillos, da enfermidade e dos traumas da infancia. “Si nunca has suplicado de rodillas que no te abandonen, si no te has arrastrado a los pies de la persona que amas y no la has seguido babeando hasta el ascensor, y por favor que harás lo que quiera, pero por favor…” Este é un exemplo desta novela intensa en sentimentos e emocións, escrita dun xeito particular, onde non se usan as letras maiúsculas nin os puntos para finalizar os párrafos. O autor, Celso Castro , nace na Coruña no ano 1962. É un escritor e poeta galego que colabora en revistas de poesía: Nordés, Clave Orión, e tamén en magacines literarios e cu...