Ir al contenido principal

Entradas

BENVIDO OUTONO

O venres 19, nas Merendas ,  lemos o conto " Iago e o outono "  de Liesbet Slegers.  Foi Aroa , quen nos relatou os cambios da  natureza nesta época do ano.       Xa vedes que todos estivemos moi pendentes da explicación :  Tamén fixemos un obradoiro de land-art :   Este foi o resultado

Club de lectura Pintor de Castinande

Comezamos o mes de outubro coa novela   "CARTA DE UNA DESCONOCIDA" , de Stephan Zwieg.                                                                                                                                                        ...

Rita e Antón : ratos de Biblioteca

  Dende o venres pasado temos dous novos usuarios que compartirán cós nenos de Sober as actividades dos venres en Merendas con Contos. Chámanse Antón e Rita e estarán agochados nos andeis, entre os libros infantís. Este primeiro día fixemos un contacontos con NUBES , de Arnold Lobel,  editado por Kalandraka.  E tamén montamos un " caixón de xastre " decorado e personalizado para cada neno que asistiu a actividade. Nel gardaremos os traballos que se fagan nas Merendas.

Vídeos

Escolma merenda con contos 2011-2012

Debido a que o noso blog creouse despois de que este programa rematase, a continuación queremos mostrarvos algunha das actividades levadas a cabo na Biblioteca durante a etapa que vai dende outubro de 2011 ata xuño de 2012. Con esta escolma despedímonos ata o mes de setembro.    “ Merendas con contos ” é un programa de animación á lectura co que se pretende facer da lectura un vehículo de enriquecemento e aproveitamento persoal, proporcionando espacios de encontro na biblioteca. O obxetivo é consolidar ó habito de lectura e inténtase proporcionar recursos e cauces de participación tanto a nen@s  como ós adultos. As actividades realízanse todas as tardes dos venres dende outubro ata xuño. Os participantes son na súa maioría nenos/as  do concello de Sober, así como os pais e as nais que os acompañan e colaboran con nós. GRACIAS A TOD@S POR FACER POSIBLE ESTE PROXECTO!!!   OUTUBRO-NOVEMBRO: Samaín e Magosto. D ...

Bibliopiscina

Nos meses de xullo e agosto parte da Biblioteca de Sober trasládase as instalacións da Piscina Municipal . Alí tedes unha serie de obras que se poden ler mentras disfrutades do baño. Variaremos a oferta literaria durante todo o verán .   O acceso a nosa biblioteca de verán é totalmente libre. Estamos no local dos obradoiros, en horario de 16:00 a 20:00 horas. Esta iniciativa , que xa funcionou os últimos veráns, englóbase dentro das actividades de animación á lectura que a biblioteca desenvolve ó longo de todo o ano.  Agardamos a vosa visita!!!

Guía Lectura Verán 2012

A Biblioteca de Sober pon a disposición de todos os  socios unha selección de libros para este verán. Nela podemos atopar recomendacións de obras que van dende a poesía, narrativa, libros de coñecemento e banda deseñada. O obxetivo desta selección é acercar á lectura a aquelas persoas que o desexen, nestas datas nas que se dispón de máis tempo libre por ser época de vacacións. Todos os libros poden ser consultados na biblioteca e tamén levados en préstamo.  Esta é a nosa guía: Guia lectura 2012 verán "La literatura no es otra cosa que un sueño dirigido". Jorge Luis Borges