Ir al contenido principal

Entradas

DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO

  A BIBLIOTECA DE SOBER PROGRAMA AS ACTIVIDADES PARA CONMEMORAR  O DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO INFANTIL   2 DE ABRIL  EN COLABORACIÓN COA OEPLI   ( Organización española para el libro infantil y juvenil )  E A SECCIÓN EN GALICIA, GALIX   ( Asociación galega do libro infantil e xuvenil ).   .LECTURA  DA MENSAXE DA ESCRITORA PAT MORA E DIFUSIÓN DO CARTEL FEITO POR ASHLEY BRYAN : Lemos xuntos, ti e eu. Vemos que as letras forman palabras e as palabras convértense en libros que estreitamos nas nosas mans. Oímos murmurios e ríos bulliciosos nas súas páxinas,  osos que cantan Entramos en misteriosos castelos e das nosas mans soben ata as nubes árbores florecidas. Vemos nenas valentes que voan e nenos que atrapan as estrelas. Lemos xuntos. Ti e eu, dando voltas e voltas,  percorrendo o mundo coa alegría nos libros. Poema de : PAT MORA Traducción de : CONCHA B...

CLUB DE LECTURA en marzo

A obra Michael Berg ten quince anos. Un día, voltando para casa do colexo, atópase mal e unha muller o axuda. A muller chámase Hanna e ten trinta e seis anos. Semanas despois o rapaz, agradecido, lévalle a sua casa un ramo de flores. Éste será o principio dunha relación erótica na que, antes de amarse, ela siempre lle pide a Michael que lle lea en voz alta fragmentos de  Schiller ,  Goethe , Tolstói ,  Dickens … O ritual repítese durante varios meses, ata que un día Hanna desaparece sen deixar rastro… Oito anos máis tarde, sendo estudiante de Dereito, Michael volta a vela, pero nunha situación que xamáis se lle ocurriría. O autor Bernhard Schlink  é un escritor y especialista en leis alemán nacido o 6 de jullo de 1944 en Bielefeld. Foi xuíz do Tribunal Constitucional do lander de Renania del Norte-Westfalia e profesor de Historia do Dereito na  Universidad Humboldt  de Berlín. Como escritor cobrou sona cunha  serie de novelas de corte p...

OBRADOIRO DE TEATRO

NAS MERENDAS CON CONTOS DO 8 DE MARZO TIVEMOS  UN OBRADOIRO DE TEATRO!!! Contamos cunha profesora excepcional :  a dramaturga e directora de escena  Eva F. Ferreira que ,a través de xogos , ensinou ós nenos e as nenas  participantes a interesante arte do teatro.  Noraboa a estes pequenos actores e grazas a Eva por vir a Biblioteca de Sober.

Día de ROSALÍA DE CASTRO

  O día 24 de febreiro de 2013  se celebra o 176 aniversario do  nacemento de Rosalía de Castro e ademáis este ano tamén está de aniversario   ( 150 ANOS ) a primeira  edición de  CANTARES GALLEGOS . Na  biblioteca de Sober recordamos a esta poeta cunha pequena mostra bibliográfica, coa lectura da súa biografía e rematamos cun obradoiro cós pequenos de Merendas con contos :  compuxemos o universo de Rosalía con nubes, o sol a lúa algún planeta...   Campanas de Bastabales, cando vos oio tocar, mórrome de soidades. Cando vos oio tocar, campaniñas, campaniñas, sin querer torno a chorar. Cando de lonxe vos oio, penso que por min chamades e das entrañas me doio. Dóiome de dór ferida, que antes tiña vida enteira e hoxe teño media vida. Só media me deixaron os que de aló me trouxeron, os que de aló me roubaron. Non me roubaron, traidores, ¡ai!, uns amores toliños, ¡ai!, uns toliños amores. Que os amores xa fuxiron, a...

Tradición oral na Biblioteca

O pasado mércores día 20 de febreiro ás 19:00h. presentouse na BPM de Sober o libro : " UN POUQUIÑO DE TRADICIÓN ORAL NO CONCELLO DE SOBER III", con traballos  feitos  pola Asociación Cultural O Colado do vento e o grupo O Trícole. O Colado do Vento coladodovento .blogspot.com/  

Club de lectura Pintor de Castinande

 Lectura do mes de febreiro:       O autor - Biografía do autor - Rebelión , "José Saramago, triple celebración" - Entrevista a José Saramago - Sala de Prensa, " La inocencia perdida" (Entrevista a José Saramago) - Fundaçao José Saramago - A obra. Reseñas e críticas - Horacio Costa. Reseña de Memorial del convento - Centro Virtual Cervantes. Outra reseña - Reseña de El Nuevo Diario (Nicaragua) Memorial del convento nos blogs - La audacia de Aquiles - El guisante verde - Club de los martes (Club de Lectura de la Biblioteca Pública de Huelva) Textos de José Saramago - Fragmentos de obras do autor - Discurso de aceptación dol Premio Nobel 1998 de José Saramago Artículos sobre José Saramago - Luis García, "José Saramago: Ayúdate, que la literatura te ayudará" - María Josefa Postigo Aldeamil, "José Saramago y los proverbios" - Outros artículos sobre Saramago e a súa obra

AS MERENDAS CON CONTOS NO ENTROIDO

Dende mediados do mes de xaneiro na biblioteca de Sober tivemos distintas actividades relacionadas có entroido. .Fixemos os bonecos con palla, ao xeito tradicional de Anllo. . Estivo tamén Felipe Castro quen nos falou do entroido tradicional de Salcedo.   .Fixemos máscaras de animais .