Ir al contenido principal

Entradas

PALABRAS PARA AMALITA

O club de lectura "Pintor de Castinande" está de loito.Unha das compoñentes deste pequeno pero entrañable grupo deixábanos para sempre o venres día 16 de agosto. Amalia xa non está fisicamente con nós, anque vai pasar moito tempo antes de que o seu recordo se borre da nosa memoria. O triste acontecemento deixábanos a todos desacougados, sen case podelo crer, a morte actúa de xeito arbitrario, alleo ó noso cativo entendemento e non lle importa idade ou querencias. O libro da súa vida chegou ó remate, pero ata que o seu recordo estea presente nalgún dos que a querían, que somos moitos, non se escribirá a palabra FIN.

BIBLIOPISCINA

  NO MES DE AGOSTO TAMÉN PODEMOS  DISFRUTAR DE LECTURAS.  OS  libros de MAIORES e de  NENOS , saen da Biblioteca e atopámolos  nas instalacións da  piscina municipal de Sober:   A BIBLIOPISCINA  

COCIÑA INFANTIL E FAMILIAR

OBRADOIRO DE COCIÑA INFANTIL Martes 16 de xullo ás 17:00h. Na piscina municipal de Sober Inscrición nas instalacións da Piscina ou na Biblioteca   Concello de Sober-Xunta de Galicia Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria