Ir al contenido principal

Entradas

Horario de verán

 Aviso : HORARIO DE VERÁN Durante o mes de xullo o horario da biblioteca será :   Luns a venres de 9:00 a 14 :00h.

Recomendacións lectoras

Aquí tedes algunha recomendación para este verán. As lecturas  que recomendamos neste díptico foron escollidas  polo colectivo Lemos Le , do que forma parte a biblioteca de Sober.  Outras propostas están en :http://redelectura.blogspot.com.es/

Contos de amor, erotismo e morte con CHARO PITA

O mércores 18 de xuño  o Club de lectura Pintor de Castinande  da BPM de Sober asistiu a unha sesión da contadora  Charo Pita, grazas ó programa Ler  conta moito da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria   en colaboración có Concello de Sober. Os integrantes do Club de lectura  escoitamos  historias de amor ,   erotismo  e   morte  basadas en contos de aquí e  de outros lugares que nos  fixeron reflexionar, compartir  e tamén ,como non, pasar unha boa tarde.                              Na biblioteca temos estas publicacións de Charo Pita : contos infantís e tamén unha recopilación de contos para adultos.

Cociñando contos : premios fase provincial

Premiados na fase provincial do certame : Lucía López Mosquera. 11 anos. Biblioteca de Sober Sabela Jorge Vidal. 16 anos. Biblioteca de Sober

CONTACONTOS XAPONÉS E ORIGAMI

O CLUB DE LECTURA DA BIBLIOTECA DE SOBER PARTICIPOU NESTA  TARDE DA   CULTURA XAPONESA  : ENTROU NA BIBLIOTECA CUN CONTACONTOS BILINGÜE ,  CUNHA MOSTRA DO TRAXE TRADICIONA L (KIMONO) E A ELABORACIÓN DE DIFERENTES OBXECTOS CA TÉCNICA DE ORIGAMI . TODO ESTO GRAZAS A BIBLIOTECA DO SAVIÑAO QUE CONTOU CON NÓS    NA  SÚA PROGRAMACIÓN  DA SEMANA CULTURAL DO XAPÓN. GRAZAS A MÓNICA, bibliotecaria, e a LOLI, voluntaria coñecedora desta cultura oriental.

Acercándonos ó Xapón

A BIBLIOTECA DE O SAVIÑAO PROGRAMA UNHAS XORNADAS CULTURAIS CON XAPÓN , E DENTRO DA SÚA PROGRAMACIÓN INCLÚE  A BIBLIOTECA DE SOBER, Aquí tedes o estupendo programa  da BIBLIOTECA DE O SAVIÑAO. Teremos contacontos bilingüe  e faremos origami. MÉRCORES 28 DE MAIO  ás 19:00h. na Biblioteca de Sober

Premiados Certame Letras Galegas : COCIÑANDO CONTOS

TRABALLOS PREMIADOS NA FASE LOCAL DO CERTAME de Narración e debuxo infantil     LETRAS GALEGAS 2014 DEBUXOS cat. A ata 8 anos : 1º premio  LAURA RODRÍGUEZ FREIRE, 7 anos                                2º premio  MARA LÓPEZ RIVERA, 7 anos                                3º premio  HENRY VILA RODRIGUEZ, 8 anos                               Accésit : UXÍA TRAIL BATES, 7 anos cat. B, de 9 a 11 anos : 1º premio  ALBA VARELA LOSADA, 11 anos                                        2º premio LUCÍA LÓPEZ MOSQUERA, 11 anos                         ...