Ir al contenido principal

Entradas

FELIZ 2016

FELIZ  A TODOS OS NOSOS USUARIOS  

CL-Tardes con Margueritte, de Marie-Sabine Roger

            Club de lectura Pintor de Castinande :  A recomendación feita por unha profesora de lingua dun IES de Monforte de Lemos deunos a oportunidade de ler   durante decembro esta estupenda novela que fala da maxia dos libros e do poder da lectura :  Germain, corenta e cinco anos, case analfabeto, fillo pouco querido e escolar humillado, coñece no parque a Margueritte unha vella dama , muller culta e que lle propón ler un libro en voz alta. Germain por educacion acepta  e asi descobre no mundo dos libros a maxia da lectura e de todo xorde unha gran amizade. No ano 2010 foi levada ao cine polo realizador  Jean Becker .   A autora : Marie-Sabine Roger naceu en 1957 na rexión francesa de Bordeux. Tras exercer de profesora nun colexio infantil durante varios anos, hoxe   adícase de maneira total á escritura. É autora de máis de cincuenta libros de literatura infantil, xuvenil e de adultos. Ac...

Pechado por festas

Os  dìas 24, 26 , 31 de Decembro e o dìa 2 de Xaneiro A biblioteca permanecerà pechada. BO NADAL

CL-El jinete polaco, de Antonio Muñoz Molina

Un tradutor simultáneo que viaxa de cidade en cidade cóntalle a súa vida a unha muller, evocando no seu relato as voces dos habitantes de Mágina, o seu pobo natal. Así saberemos do seu bisavó Pedro, que era expósito e estivo en Cuba ; do seu avó, garda de asalto que en 1939 acabou nun campo de concentración ; dos seus pais e da súa propia vida dende que era un neno.  A historia de Manuel e de Nadia contada por  ANTONIO MUÑOZ MOLINA acompañou na lectura de novembro aos integrantes do Cl da biblioteca de Sober. Nesta tesina :   "La memoria republicana de la guerra civil"  estúdiase a representación da memoria republicana da Guerra Civil no xinete polaco dende varias perspectivas.

Recomendacións lectoras inverno 2015

As tradicións na biblioteca

DURANTE O MES DE NOVEMBRO A BIBLIOTECA ADICOU AS TARDES DE MERENDAS CON CONTOS A DAR A COÑECER AS TRADICIÓNS MÁIS REPRESENTATIVAS DO CONCELLO DE SOBER. CONTAMOS NOS DIFERENTES OBRADOIROS COA COLABORACIÓN DE ARTESÁNS QUE AMOSARON AOS NENOS E AS NENAS AS SÚAS ARTES E TRABALLARON CON TODOS OS QUE ATA A BIBLIOTECA SE ACHEGARON .  GRAZAS  POR AXUDAR A TRANSMITIR O SEU SABER E COMPARTILO CÓS MÁIS NOVOS DO NOSO CONCELLO . GALERÍA FOTOGRÁFICA : OLERÍA MÚSICA       AS ROSCAS : No  obradoiro de elaboración de roscas os asistentes ademáis da elaboración das roscas , tamén leron e máis tarde fixeron ilustracións  do conto : O gato lambón O MAGOSTO

Mañá na biblioteca...

A olería en Sober con OTILIA ARIAS  ÁS 17:30 H. NA BIBLIOTECA DE SOBER MERENDAS CON CONTOS EN NOVEMBRO : AS TRADICIÓNS