Ir al contenido principal

Entradas

Mañá na biblioteca : MARIONETAS DE FÍO

Don Lirone , o showman, está preparado para presentar  ao elenco de grandes artistas Un xenial mago mentalista chamado Karalume chegado  directamente da India coa súa compañeira Papapalina. Mañá venres 28 ás 18 :00h. na Biblioteca de Sober

Una pasión rusa de Reyes Monforte

O club de lectura Pintor de Castinande inicia o mes de outubro  coa lectura de Una pasión rusa , da periodista Reyes Monforte. Nas case seicentas páxinas do libro coñecemos a historia de Lina Codina , casada có compositor Serguei Prokóviev e a través da súa vida tamén coñecemos un pouco máis da historia do século XX. Enlaces relacionados :  Lina Codina Serguei Prókoviev Reyes Monforte acusada de plaxio PEDRO E O LOBO no " Conciertazo " con Fernando Argenta.  Pedro e o lobo  é unha composición sinfónica de Serguéi Prokófiev (Op. 67) escrita en 1936. A obra de Prokófiev é unha historia para nenos, con música e texto adaptado por el, cun narrador acompañado pola orquestra.

MAÑÁ NA BIBLIOTECA : Contacontos teatral

Merendas con contos : Venres  21 de outubro   ás 17:30h. na Biblioteca de Sober  Programa de animación á lectura LER CONTA MOITO "Érase unha vez un coelliño branco. Un día foi buscar coles á horta para facer un caldiño..."

Celebración do DÍA DA BIBLIOTECA

Dende 1997, cada 24 de outubro conmemórase o Día da Biblioteca, unha iniciativa da Amigos del libro infantil y juvenil  , co apoio do Ministerio de Cultura, en lembranza da destrución da Biblioteca de Sarajevo incendiada en 1992 durante a Guerra dos Balcáns. Esta conmemoración naceu para trasladar á opinión pública a importancia da biblioteca como lugar de encontro de todos os lectores de todas as idades coa cultura, e como un instrumento de mellora da formación e a convivencia humana.   Cada ano se encarga a un escritor e a un ilustrador, ambos de recoñecido prestixio, a redación do pregón e o deseño do cartel que se difunde entre todas as bibliotecas de España, asociados e interesados.  Este ano as elexidas foron dúas mulleres: Ledicia Costas, última gañadora do Premio Nacional (Escarlatina, a cociñeira defunta) e do Premio Lazarillo (Jules Verne e a vida secreta das mulleres planta), e a ilustradora Elena Odriozola , tamén galardonada co Pr...

Banda deseñada : novidades

Unha historia de vinganza, escrita e ilustrada por Miguelanxo Prado ( Papeis dispersos , Ardalén, Tangencias ), que vira ao redor de dous temas que resoan a diario na prensa: os desafiuzamentos e a corrupción. Estamos no ano 50 antes de Cristo. Toda a Galia está ocupada polos romanos... Toda? Non! Unha aldea poboada por irredutibles galos aínda segue resistindo o invasor. E a vida non é doada para as gornicións de lexionarios romanos nos reducidos campamentos de Babaórum, Aquárium, Laudánum e Petibónum...Nesta ocasión, os nosos heroes, Astérix e Obélix , deben liberar o druída Panorámix que foi secuestrado polos godos para conseguir a poción máxica. Estamos no ano 50 antes de Cristo. Toda a Galia está ocupada polos romanos... Toda? Non! Unha aldea poboada por irredutibles galos aínda segue resistindo o invasor. E a vida non é doada para as gornicións de lexionarios romanos nos reducidos campamentos de Babaórum, Aquárium, Laudánum e Petibónum...Neste núm...

Cl Pintor de Castinande : nova tempada

Novidades para adultos : autores galegos

Setembro é un mes estupendo para  elexir unha lectura entre as novas publicacións dos autores galegos que están na biblioteca listas para o préstamo.