Ir al contenido principal

Entradas

LECTURAS REFRESCANTES : A BIBLIOPISCINA

COA CHEGADA DO VERÁN A BIBLIOTECA municipal  de SOBER    TRASLÁDASE Á PISCINA MUNICIPAL .  AQUI TEREMOS DURANTE OS MESES DE XULLO E AGOSTO  UNHA SELECCIÓN DE LECTURAS PARA PASAR UN BO RATO   Entre baños , xogos e LIBROS  ⇓⇓⇓⇓⇓ O proxecto da Bibliopiscina está incluído dentro da campaña de animación á lectura levada a cabo polo  Concello de Sober   que ten como obxectivo, entre outros :  Acercar os  libros os lugares onde a xente acude no verán a pasar o  seu tempo de ocio. Facilitar o  préstamo de libros ao entorno familiar. Amplíar a oferta de actividades relacionadas coa lectura nos espacios do concello.  LECTURAS REFRESCANTES PARA TODAS AS IDADES

Programación verán : COÑECE O TEU CONCELLO

HORARIO DE VERÁN

Dende o luns  26 de  XUÑO E durante os meses de  XULLO e AGOSTO O horario  da  BIBLIOTECA será  :  de  9:00 a 14:00  h. de LUNS a  VENRES .

RECOMENDACIÓNS LECTORAS

O colectivo LEMOS LE propón de novo unha serie de lecturas para este verán .  Son   libros, películas ,  música ... propostas variadas para intereses diversos e pensando en todos as idades.  Será por libros!!

Novidades no catálogo

Mañá na biblioteca : A TITIRICLETA

ANXO MOURE , O CARBALLO CON BOTAS  PRESENTA :  A TITIRICLETA do TITIRICLETEIRO chega á biblioteca, pilotada por un grupo de monicreques solidarios chegados de Bangladesh, a India, Guatemala... Levará as nenas e os nenos de viaxe a mundos fantásticos, na procura da paz.                                                      ⤋⤋⤋⤋⤋⤋⤋⤋⤋⤋⤋⤋⤋⤋⤋⤋⤋⤋⤋ Programa de animación á lectura  "Merendas con contos" Venres 16 de xuño ás 18:00h. Biblioteca Pública do Concello de Sober

CL-EL DESORDEN QUE DEJAS, de Carlos Montero

O escritor Carlos Montero gañou o XX Premio Primavera de Novela pola súa obra EL DESORDEN QUE DEJAS , un intenso thriller psicolóxico en primeira persoa ambientado nun pobo chamado Novariz e que ten como protagonista a unha profesora de instituto. Esta foi a proposta do club de lectura da biblioteca de Sober nas últimas semanas.  Nas páxinas desta novela coñecemos a historia de Raquel , a profesora sustituta de literatura, no instituto de Novariz, un  pobo do que tamén procede o seu marido. Xa no primeiro día de traballo decátase de que Elvira , a súa predecesora,  suicidouse e ao finalizar as clases atopa no seu bolso unha nota cunha funesta pregunta: "E ti canto vas tardar en matarte?". Raquel tentará pescudar quen está detrás desa ameaza, e obsesionarase co que lle ocorreu á antiga profesora. O suspense será un compoñente fundamental desta historia, que trancurre áxil e entretida , cuns  personaxes verosímiles e próximos, e na que se mesturan i...