Ir al contenido principal

Entradas

Contos para todas as idades

Grazas ó Programa Ler Conta Moito 2019 para a  dinamización da  lectura, da  Rede de Bibliotecas Públicas de Galicia, o Concello de Sober xunto coa Consellería de Cultura e Turismo ofrece a posibilidade de programar actividades de dinamización na nosa biblioteca pública.   Durante o mes de outubro na BPM de Sober escoitáronse unha chea de contos nas diferentes actividades organizadas tanto para os  nenos e as nenas coma para os adultos. O venres día 18 estivo CAXOTO CONTACONTOS con : CONTO PARA ESCOITAR MENTRAS BAILAMOS UN VALSE O mércores 23 contamos con FÁTIMA FERNÁNDEZ : Contos de sempre, para xente de agora, Esta contadora agasallounos con  historias recollidas da nosa tradición oral e escrita, baseados en mulleres que protagonizaron a nosa historia cotiá e marcaron o noso futuro.     En Sober hai moito conto !!!!  

Mañá na biblioteca

DIA DA BIBLIOTECA, 24 de Outubro

    O Día da Biblioteca xurdiu por iniciativa da Asociación Española de Amigos do Libro Infantil e Xuvenil en 1997, e desde entón, se vén celebrando en toda España. O cartel deste ano 2019, foi encargado ao ilustrador valenciano Miguel Calatayud e o pregón, a Gemma Pasqual .     A SEN CONTO   Non quería ser princesa, non quería ser liberada polo príncipe azul. Tampouco que o bico dun Príncipe a devolvese á vida; nin que a salvase da explotación infantil, non quería esconderse na casa dos sete ananiños e ser a súa criada ata que un príncipe a viñese rescatar. Non era capaz de renunciar á súa voz polo amor dun mozo; nin esperaba que san Xurxo a salvase do dragón. Nobres princesas condenadas a durmir ou ao silencio, por orde dunha madrasta, dun pai ou dunha fada boa. E puxo os seus zapatos vermellos e fuxiu do seu conto, correu e correu buscando refuxio ata converterse nunha sen conto. Era unha sen libro, unha sen papeis, non a...

Certame para un logotipo

No DÍA DA BIBLIOTECA, 24 de outubro, presentamos un certame para conseguir un logo que representa a actividade das  MERENDAS CON CONTOS dos venres na BPM de Sober.  Na páxina web do Concello de Sober podedes atopar as bases deste certame.  Aquí vos deixamos o enlace CERTAME LOGOTIPO Imaxe dun obradoiro realizado no  ano 2017

Mañá na biblioteca

Novidades DVD : La buena esposa

Joan Castleman ( Glenn Close ) é unha boa esposa, de beleza madura e natural, a muller perfecta.  Pero o certo é que leva corenta anos sacrificando os seus soños e ambicións para manter viva a chama do seu matrimonio co seu marido, Joe Castleman ( Jonathan Pryce ). Pero Joan chegou ao seu límite.  En vésperas da entrega do Premio Nobel de Literatura a Joe, Joan decide desvelar o seu segredo mellor gardado. ( FILMAFFINITY) Atopamos esta película coa signatura   CINE/RUN/bue

Programación DÍA DA BIBLIOTECA

Programación da biblioteca de Sober para celebrar o DÍA DA BIBLIOTECA 2019   O  COLECTIVO LEMOS LE , no que participa e colabora a BPM de Sober celebra unha cea de confraternidade para celebrar o día 24 de outubro . Neste enlace  Día da Biblioteca 2019  atopamos información deste evento.