Ir al contenido principal

Entradas

Mañá na biblioteca

Rematamos as actividades programadas para o mes de marzo agasallando ao TEATRO no seu día,  que se celebra o 27 de marzo.  Aquí vos deixamos o manifesto galego na voz de Evaristo Calvo http://aaag.gal/novas/414/manifesto-galego-2021-evaristo-calvo  

Novidades no catálogo : libros de poetas e de poemas

  Nova edición de Pórticos do gozo   : poemas a Pantón do escritor, historiador e poeta Xosé Lois García, editado polo Concello de Pantón (Lugo). En palabras de Flora Enríquez , autora do prólogo, "o autor plasma neste poemario un mundo primixenio no que palpitan as forzas telúricas que inflúen nas xentes que habitan un territorio". Atopámolo na biblioteca na seción de poesía galega G-P Santiago de Compostela deixou fascinado a Federico García Lorca ; descobre a cidade con 18 anos, por primeira vez o 25 de outubro de 1916 durante unha viaxe de estudios por Galicia e regresará tres veces máis.  Neste libro,   escrito e editado por Henrique Alvarellos , coñecemos algún dos versos inéditos de Poeta en Nueva York , ademais de camiñar có poeta polas rúas da cidade nun relato a modo de crónica que revive estes días únicos. Este volume achega numerosos datos e máis de setenta ilustracións e documentos. Atopámolo na biblioteca en biografías G-B  Un fermoso cómic...

Mañá na biblioteca : Merendas con contos

 

Un conto pola igualdade : 8 de marzo Día Internacional da Muller

A narradora oral Carmen Domech , envíanos este contacontos infantil "Rosa caramelo" de Adela Turín con ilustracións de Nella Bosnia, para todos os nenos e  usuarios da biblioteca de Sober :    Illada nun xardín, Margarida é a única elefanta do grupo que non consegue que a súa pel sexa de cor rosa caramelo... Cando seus pais desisten desa idea, descubrirá o significado da liberdade e abriralles o camiño da igualdade ás súas compañeiras.   👩8 de marzo DÍA INTERNACIONAL DA MULLER

Mañá na biblioteca : Merendas con contos

 O primeiro venres do mes de marzo imos a celebrar o Día Internacional da Muller 2021. Como todos os anos unha muller emprendedora do noso Concello visita a biblioteca e mantén unha charla cós nenos e as nenas que asisten ás Merendas con contos dos venres. Este ano estará con nós Samanta Fdez. Cortés : nesta páxina podemos ver o seu traballo https://samantacortes.com/ .

CL- Corazón de paloma

  Comezamos o ano 2021 coa lectura da novela " Corazón de paloma" de Antón Borrallo. Nas páxinas deste libro o autor mostra un cadro da sociedade galega no medio rural no século XX, xusto ao remate da Guerra Civil en España. A acción discurre na aldea imaxinaria de Matamara, onde vive Hipólito coa súa familia, composta pola pai, e os seus irmás. Ten 4 anos e comeza a narración contando como foi o enterro da súa nai. Xa nese primeiro  episodio  coñecemos  a personalidade do cabeza de familia. É despótico con todos e dunha maneira especial cos seus fillos.  Esta é unha historia dura e triste como parece que era o tempo de infancia, adolescencia e mocidade que lle tocou vivir ao protagonista.   A novela fainos  pensar na influencia que en todos ten a educación recibida nos primeiros anos das nosas vidas, e como condiciona o noso futuro.  O autor : Antón Borrallo , natural de A Coruña, acaba os seus estudos e trasládase a París. Alí traball...

Poetízate ¡

 A Escola Municipal de Teatro  de Sober e as Merendas con Contos colaboran para celebrar o  Día de Rosalía de Castro ( 24 de febreiro ) . Co lema de POETÍZATE, propoñemos unha serie de actividades para coñecer a vida e a obra desta autora. Este é o primeiro reto : atopar en qué poemas ou poemarios  de Rosalía de Castro están incluidas estas estrofas ¡¡¡