Ir al contenido principal

Entradas

CL- Los mares de la canela

  Rematamos o primeiro trimestre deste ano coa lectura da novela  Los mares de la canela, de Pilar Méndez Jiménez. A finais do século XIX Elba e o seu irmán Peruxo vense obrigados a fuxir da súa aldea galega e realizar unha larguísima travesía cara as Filipinas . Galicia, Filipinas e a illa de Kulangsu, son os tres lugares onde se desenvolve esta novela, na que coñecemos a sociedade rural das nosas aldeas dentro dunha trama chea de aventuras, descubrimentos e amores na Filipinas colonial e na China imperial . A autora, Pilar Méndez  naceu en Madrid e dende nena sentiu interese polos idiomas. Na súa adolescencia percorreu Europa e máis tarde estudiou Dereito. Ingresa na carreira Diplomática española, traballando entre Puerto Príncipe, Tokio, Miami , Singapur... Los mares de la canela é a súa primeira novela. 

CL infantil Viaxando polas Letras

  A  lectura que realizamos no mes de marzo en colaboración có CL do colexio de Sober, é o poemario "Vento, ventiño, venteiro, de Antonio García Teijeiro.  Nos poemas deste libro  escoitamos o vento cando atravesa diferentes lugares : o mar, o bosque... Son ventos falangueiros, mentireiros, ventos de soños e ventos magos.  O libro está ilustrado por   María Lires, que en palabras do propio autor fai un traballo que encaixa perfectamente cós poemas porque teñen "moita vida" e "manexa a cor dun xeito maxistral ". Coa lectura deste poemario os neno e nenas participantes neste cl introdúcense na lectura de poemas, despois de ler cómic, narrativa e tamén teatro. A promoción da lectura entre os maís novos é un dos obxectivos deste tipo de actividade, ao mesmo tempo que melloran a expresividade e exercitan a memoria.  Voltamos despois das vacacións de semana santa.

Feira do viño de Amandi

 Esta fin de semana celebramos a Festa do Viño de Amandi. No seguinte enlace atopamos o programa e a información necesaria para visitar e disfrutar nesta feira da Ribeira Sacra. : AMANDI

DIA da POESÍA

 

Charla informativa

O IV Ciclo Universitario da USC é o programa de formación específico para alumnos e alumnas maiores de 50 anos, con independencia do seu nivel educativo previo, para dar resposta á crecente formación que existe en Galicia entre persoas de idade avanzada. O próximo mércores ás seis da tarde estará en Sober un experto en alimentación , nutrición e dietética, que falará da importancia dunha boa alimentación das persoas tanto na sáude e tamén na enfermidade. O mércores ás 18:00h. no Centro Sociocultural

Mañá na biblioteca

 

Mañá na biblioteca