Ir al contenido principal

Entradas

CL infantil Viaxando Polas Letras

  Durante o  mes de maio as actividades do CL do Colexio de Sober, có que a biblioteca pública colabora , foron adicadas a coñecer a vida e obra de : FRANCISCO FERNÁNDEZ D:EL RIEGO , creador homenaxeado nas Letras Galegas do ano 2023. A partir da obra teatral escrita por Eva Mejuto , e incluída na páxina  https://primaveradasletras.gal/ , os nenos e nenas que participan neste CL infantil, desenvolveron a lectura deste texto teatral , achegándose así a un xénero literario como é o teatro, que non adoitamos a tratalo con asiduidade  e comprabar que o teatro tamén se le. A lectura aportounos coñecementos sobre Fernández del Riego coma a súa vinculación coa Editorial Galaxia, e a revista Grial, das cales foi fundador. Un dato que non sabíamos era que Francisco Fernández del Riego foi o que propuxo a celebración do Día das Letras Galegas para conmemorar a publicación de Cantares Gallegos de Rosalía de Castro,  que se celebra en Galicia todos os 17 de maio  dend...

Mañá na biblioteca

 

Formación para os maiores

 O Concello de Sober e a USC colaboran na proposta denominada Camiños de coñecemento e experiencia , unha formación universitaria para maiores de 50 anos. Foron tres seminarios de temática diversa : saúde alimentaria, xeografía próxima e historia dos museos. Cada un deles consta dunha sesión teórica e unha práctica, ademáis dunha saída, que este ano realizamos a Lugo, visitando o Museo provincial.  Cunha metodoloxía participativa e aberta os docentes universitarios difunden o coñecemento á poboación maior de 50 anos que previamente realiza a súa inscrición e que recibe diploma acreditativo da súa participación. 

Mañá na biblioteca

 

Mañá na biblioteca

 

Certame Letras Galegas 2023

  Está aberto o prazo para presentar os traballos para o CERTAME DE NARRACIÓN E DEBUXO INFANTIL LETRAS GALEGAS 2023. BASES 1. Poden participar todos os nenos e nenas sobre o tema "Libros para xogar, libros para vivir " en dúas modalidades :  A) Narracións , en galego, cunha extensión máxima dun folio por unha soa cara. B) Debuxos , feitos sobre papel o cartolina tamaño DIN A. 2. Cada autor pode presentar cantos traballos desexe, mecanografados, escritos a computador ou a man. Cada traballo acompañarase dunha folla cós datos do autor.  3. Establécense tres categorías : A, ata 8 anos, B, de 9 a 11 anos, C, de 12 a 16 anos.  4. O prazo de presentación dos traballos rematará o día 16 de maio debendo ser entregados na biblioteca municipal. 5. Os traballos premiados participarán na fase provincial do certame, convocada pola Bilioteca Pública de Lugo.

CL- Visita á Fundación Vicente Risco en Allariz

  O CL Pintor de Castinande visitou Allariz o día 25 de abril, có fin de celebrar o Día do Libro. Coma todos os anos visitamos a casa dalgún autor galego, que destacou có seu traballo polo noso idioma.  Este ano coñecemos un pouco máis a Vicente Risco  ( 1884-1963 ) grazas á labor da Fundación que leva o seu nome e que se atopa no concello de Allariz (Ourense ). En primeiro lugar tivemos unha visita guiada pola vila, acompañados de Juan, historiador do Concello, que nos falou das orixes do seu pobo e nos amosou as construccións máis interesantes : igrexas, construccións civís...que enchen este fermoso lugar do sur da provincia de Ourense.  Na visita á Fundación Vicente Risco  estivemos acompañados por Antonio Blanco Rodríguez, vicepresidente da entidade . Esta Fundación ocupa a casa familiar do autor e aquí atopamos  o fondo documental de Vicente e Antón Risco.   A demáis desenvólvense iniciativas culturais de diversa índole : ciclos de música, recita...