Ir al contenido principal

GALERÍA FOTOGRÁFICA : DIA DA BIBLIOTECA




CONTACONTOS

 con FÁTIMA FERNÁNDEZ 

no CLUB DE LECTURA



OBRADOIRO DE MÚSICA 
nas Merendas con contos











      24 de OUTUBRO

na   BIBLIOTECA

     do CEIP de Sober









-LECTURA DO TEXTO DE OLGA GALLEGO.

-ELABORACIÓN DE MARCAPÁXINAS.

-PINTANDO  ESTRELAS  QUE SON LIBROS.


 AS MESTRAS COLOCAN AS ESTRELAS 

DE LIBROS DE CORES SOBRE O FIRMAMENTO 


 









POLA NOITE : PRESENTACIÓN DE LEMOS LE E CEA CON BIBLIOTECARIOS ESCOLARES, LIBREIROS E PERSOAS AMANTES DA LECTURA DA COMARCA DE LEMOS.





Non existe nunca unha única causa que explique porque unha persoa chega a converterse en escritor.

Eu, se miro na miña biografía, encontro, non unha única causa de que hoxe sexa escritor, pero si a causa principal.

Arredor de 1970, o Ministerio de Educación y Ciencia destinou á Escola de Diomondi (O Saviñao), na que eu estudaba, un lote de 140 libros. Ao ano seguinte volveu destinar, á mesma escola, outro lote, esta vez de 400 libros. Podía ter sido un televisor, como lle tocou a outras escolas, pero á de Diomondi tocáronlle dous lotes consecutivos de libros. En total, máis de 500 títulos diferentes. Iso cambiou a miña vida. E non só a cambiou, esa biblioteca foi e será para sempre parte da miña vida. Podo vela agora mesmo cos ollos pechados e podo ver aínda o lugar que ocupa case cada libro. Por suposto lembro os seus cheiros diferentes e podería dicirvos os títulos, non de todos, pero si de bastantes dos libros que había alí e que eu lin, en longas tardes de chuvia e tamén en días de sol e sesta, sobre unha manta, baixo os carballos. A natureza estaba moi próxima e eu, entre o estudio e os xogos, pasaba tamén as horas da infancia lendo. Desde o simplemente entretido “Oscar espía atómico” a “Robinson Crusoe” e “Tom Sawyer”. Ou “Casa de Bonecas” de Ibsen que lin pensando que era para nenos e da que non entendín nada, aínda que é unha marabillosa obra de teatro que volvín reler de maior. Alí estaban desde os libros de Enid Blyton ou de Verne, até “A montaña máxica” de Thomas Mann ou “Cinco horas con Mario” de Delibes.

Non podían faltar, por suposto, títulos como “Franco, ese hombre”, pero tamén estaban “As crónicas do sochantre” de Cunqueiro, en versión castelá. O único libro en galego que había era “Cantares Gallegos” de Rosalía de Castro, a pesar de que o galego era o idioma da totalidade dos nenos e nenas da escola. Pero, en fin... Xa sabedes: No impongamos el gallego que ya nos impusieron antes el castellano y no queremos tener que repetir el trabajo.

Aquela biblioteca, instalada nunha cómoda que antes gardara sabas e mantas e cuxas portas renxían como o eixo dun carro, foi para sempre o meu tesouro. Ampliou incribelmente a miña mirada. Fun feliz alí, cos meus pais, cos campos para correr e xogar ao fútbol, entre os labregos aos que lles debo a lingua que agora uso e entre aqueles dous lotes de libros entregados polo Ministerio de Educación y Ciencia.

 MANUEL VEIGA



Este texto foi un agasallo do autor para o día da biblioteca que celebramos o pasado 24 de outubro e que leu a periodista Manola Porto na cea celebrada en Monforte .









 ANTÓN LOPO compartiu nesta cea un anaco de tradición oral que narrou coa súa habitual maestría.







Asistentes á celebración


Comentarios

Entradas populares de este blog

Encontro co autor : UNO DE TANTOS, de JOSÉ BALBOA

                                                   JOSÉ BALBOA RODRÍGUEZ  “Uno de tantos' narra una historia de aquellos que no tenemos voz". JOSÉ BALBOA  E O SEU BLOG  RELATOS DEL CAMINANTE A VENDA DESTE LIBRO DESTÍNASE Á INVESTIGACIÓN DA ELA  (Esclerosis lateral amiotrófica) MÉRCORES 31 DE MAIO ÁS 19:30h. Club de lectura Pintor de Castinande Biblioteca de Sober

Premiados Certames de Nadal

 O venres día 3 de xaneiro tivemos unha tarde chea  de premios. O alcalde de Sober, Luís Fernández Guitián, , fixo entrega dos premios e agasallos aos gañadores dos diferentes  concursos convocados polo Nadal.  Premiados ano 2024 CERTAME DE POSTAIS Categoría A 1º ALFONSO RODRÍGUEZ RODRÍGUEZ 2º TEO CASTRO LÓPEZ 3º LUKA RIVERO LOSADA Accésit : ANTÍA RODRÍGUEZ RODRÍGUEZ e LUKA RIVERO LOSADA Categoría B 1º GABRIEL DOURADO RODRÍGUEZ 2º XIANA RODRÍGUEZ ÁLVAREZ 3º ADA CASTRO LÓPEZ Premios á participación : -RESIDENCIA DE MAIORES  NOSA SEÑORA DO CARME                                         -CEIP PLURILINGÜE VIRXE DO CARME CERTAME DE BELÉNS Categoría infantil 1º XIANA RODRÍGUEZ e CARLA MARTÍNEZ PARDO 2º ADRIANA GONZÁLEZ DE LA TORRE 3º GABRIEL DOURADO RODRÍGUEZ Premio á participación : RESIDENCIA DE MAIRES NOSA SEÑORA DO CARME Categoría adultos 1º RAQUEL ÁLVAREZ PÉREZ 2º C...

Merendas con Contos - Febreiro