22 DE MARZO DE 1992 Morre ANTON AVILÉS DE TARAMANCOS Xosé Antón Avilés Vinagre naceu o 6 de abril de 1935 en Taramancos, lugar da parroquia de Boa, no concello noiés. No ano 1951 aparece a primeira composición poética de Avilés, "Saloucos d´un emigrante", publicada na revista Tapal, que dirixía Manuel Fabeiro Gómez, xunto con Andrés Rodríguez Millares, Eduardo Ces Iglesias e Ramón Patiño Roquete. A súa colaboración coa revista continuará ata 1955, e consiste na publicación dun poema todos os anos. En 1952 publica no suplemento de Sonata Gallega, Rianxo, "Ofrenda a Manuel Antonio. Poema da nai soa". Neste mesmo ano acada a mención honorífica no Certame literario do Circo de Recreación de Noia, polos poemas "Antón de Noia" e "Cadarso". Na cerimonia de entrega de premios, que tivo lugar o 14 de marzo no Teatro Galicia, coñeceu a Otero Pedrayo, que actuaba como mantedor, e tamén a Ramón Piñeiro, dous persoeiros cos que mantería unha g...