A programación deste mes estivo centrada nas actividades programadas para celebrar : . D ía internacional do libro infantil ( 2 de abril) . Dia do libro e dos dereitos do autor (23 de abril) . Os contacontos de SUSA HERRERA e CAXOTO fixémolos no CEIP de Sober e alí os nenos participaron das historias con música que ambos creadores mostraron , como non, na biblioteca do colexio. . Montamos o II mercadillo de libros . Decoramos follas de cartón e cartulina para compoñer : os libros nas árbores Nas plantillas que compoñen as pólas das árbores , quedaron plasmadas os recordos das lecturas de nenos e adultos. .O club de lectura Pintor de Castinande tamén celebrou o Día do libro convidando a AÍDA MENÉNDEZ LORENZO a presentar a súa g...