Ir al contenido principal

LAS BALADAS DEL AJO, de MO YAN

O Club de Lectura da Biblioteca de Sober viaxa no mes de marzo ata o 
afastado oriente coa lectura de "Las baladas del ajo", de Mo Yan.

Esta novela reflicte as desastrosas consecuencias dunha economía dirixida. Animados polo goberno comunista, os agricultores emprenden o cultivo do allo en grandes extensións de terreo. A produción é xigantesca, pero non hai suficiente demanda. As colleitas malógranse e a ruína afecta a miles de familias. As protestas populares son reprimidas con brutalidade. Xunto a esta realidade hai unha historia de amor, sensibilidade e solidariedade entre os veciños.





Mo Yan ( Shadong 1955) é un pseudónimo dun escritor chinés contemporáneo, Guan Moye, que significa "non fales". Premio nobel de literatura en 2012, as súas obras foron traducidas ao inglés, francés, alemán e español, entre outras linguas. Naceu nunha familia de granxeiros e aos 20 anos alistouse no Exército Popular de Liberación e  comezou a escribir sendo soldado. En 1981 publica a súa primeira novela Lluvia nunha noite de primavera. O éxito chegoulle coas súas novelas: O ravo transparente e O sorgo vermello En 1996 publicou Grandes peitos amplas cadeiras, que relata un século da historia China e que se prohibiu no seu país.

Comentarios

Entradas populares de este blog

HOXE EN SOBER

Os alumnos e alumnas da Escola municipal  de teatro  de  Sober   presentan hoxe ás 17:30 horas no auditorio do Centro Sociocultural   a obra 'Sira e o Robot' . 

Recomendaciòns lectoras

Recomendacións verán