No mes de outubro o Club de lectura Pintor de Castinande andivo "husmeando" nas historias que conta Fátima Mernissi relativas á vida da súa nenez nun harén doméstico de Fez, Marrocos.
 |
Fátima Mernissi (Premio Príncipe de Asturias das letras 2003), escritora e profesora marroquí, autora de importantes ensaios sobre a muller no mundo árabe, reconstrúe nesta novela autobiográfica, gran parte da súa infancia, que transcurre no harén do seu pai na cidade marroquí de Fez. O pai de Fátima era un terrateniente rico, casado cunha soa muller, aínda que defensor da tradición. A súa avoa e nai desexan para Fátima unha vida diferente e unha educación que lle permita sair do harén. A través dos ollos dunha nena coñecemos tradicións e costumes da cultura magrebí e a vida das mulleres dentro das fronteras do harén cun carácter totalmente protagonista destas avoas, nais e fillas loitadoras e emprendedoras e que demostran unha enorme forza interior. |
Comentarios
Publicar un comentario