O club de lectura adéntrase nesta novela na que unha historiadora encóntrase na web un blog que lle chama a atención : Caderno do inquisidor . Ela centrou a súa tese doutoral no estudo do Tribunal do Santo Oficio na España do século XVII, polo que o apelativo do inquisidor esperta deseguida o seu interese. O diario dixital deste Inquisidor reflicte un home atormentado que relata que tivo parte nuns polémicos sucesos acontecidos nun convento español no século XVII, cando se acusa as monxas e o abade de herexía . El é o encargado dos interrogatorios aos acusados. Pero, quen hai detrás deste inquisidor que colga a súa bitácora na rede? Que significa este diario? LORENZO SILVA Será este escritor o que nos acompañe nas próximas semanas, en esta novela que nos introduce nun proceso da Inquisición contra as monxas benedictinas do C onvento da Encarnación de Madrid e en especial a súa priora Teresa Valle de la Cerda ,...