Ir al contenido principal

El blog del inquisidor , de Lorenzo Silva


O club de lectura adéntrase nesta novela na que unha  historiadora encóntrase na web un blog que lle chama a atención  : Caderno do inquisidor . Ela centrou a súa tese doutoral no estudo do Tribunal do Santo Oficio na España do século XVII, polo que o apelativo do inquisidor esperta deseguida o seu interese. O diario dixital deste Inquisidor reflicte un home atormentado que relata que tivo parte nuns polémicos sucesos acontecidos nun convento español no século XVII, cando se acusa as monxas e o abade de herexía. El é o encargado dos interrogatorios aos acusados. Pero, quen hai detrás deste inquisidor que colga a súa bitácora na rede? Que significa este diario? 

 Será este escritor o  que nos acompañe nas próximas semanas, en esta novela que nos introduce nun proceso da Inquisición contra as monxas benedictinas do Convento da Encarnación de Madrid e en especial a súa priora Teresa Valle de la Cerda, que despois de ser condeada polo Santo Oficio logrou ser absolta . Paralela a esta historia, a novela narra o diálogo entre un home e unha muller no espazo virtual, a través dun blog explorando esta nova forma de comunicación.

Comentarios