Ir al contenido principal

DÍA MUNDIAL DA POESÍA




SELECCIÓN DE LIBROS DE POESÍA  da biblioteca de Sober.


O 21 de marzo celébrase o DÍA MUNDIAL DA POESÍA
Na biblioteca fixemos unha selección de libros de poemas que podes ler
 nesta primavera que acabamos de estrear. 


FELIZ DÍA DA POESÍA


  Mensaxe da Directora da Unesco:         http://www.un.org/es/events/poetryday/






Guiada  da man dun soño
a primavera chegou.
¡E tódalas anduriñas
no ceo azul convocou¡

Todo é voar e voar
e andar daquí pra  alá.
¡Todo nun ir nun vir
dende aquí deica acolá¡

¡Voan pra riba, pra baixo¡
¡Van ó alto, van ó fondo¡
¡Voan en liña seguida,
en picado e en redondo¡

Anduriñas en concello, 
sobre dun poste pousadas.
¡Que de palabras secretas
e razós apaixoadas...¡

ANDURIÑAS, de Os soños na gaiola : MANUEL MARÍA


Comentarios

Entradas populares de este blog

HOXE EN SOBER

Os alumnos e alumnas da Escola municipal  de teatro  de  Sober   presentan hoxe ás 17:30 horas no auditorio do Centro Sociocultural   a obra 'Sira e o Robot' . 

Recomendaciòns lectoras

Recomendacións verán