III mercadiño de libros Obradoiro : OS LIBROS INDISPENSABLES , títulos e autores aparecen nos lomos decorados polos nenos e nenas das Merendas con contos UN LIBRO , UN AGASALLLO. No Día do libro, cada persoa pode escoller o seu , como agasallo da biblioteca do Concello de Sober. CONTACONTOS en colaboración có CEIP Virxe do Carme de Sober Liberamos , unha vez máis, libros no parque infantil . Xa están viaxando. O mércores 22 de abril, para commemorar o Día do Libro , o Club de lectura Pintor de Castinande compartiu lecturas con alumnos de 1º de BAC do IES A Pinguela de Monforte, acompañados pola profesora de Lingua e literatura galega Mª José Vidal . Unha hora de lectura en voz alta , escoitando fragmentos de novelas e tamén poemas de diversos autores das nosas letras. Alí estiveron : Carlos Reigosa , Domingo Villar , Manuel Iglesias e Loreto Sesma . Entre nós estiveron as súas historias nas voces destes ...