Ir al contenido principal

Caderno de abril





III mercadiño de libros



Obradoiro  : OS LIBROS INDISPENSABLES, títulos e autores
 aparecen nos lomos decorados polos nenos e nenas das Merendas con contos


UN LIBRO , UN AGASALLLO. 
No Día do libro, cada persoa pode escoller o seu ,
como agasallo da biblioteca do Concello de Sober.

CONTACONTOS en colaboración có CEIP Virxe do Carme de Sober
Liberamos, unha vez máis, libros no parque infantil . Xa están viaxando.



O  mércores 22 de abril, para commemorar o Día do Libro, o Club de lectura Pintor de Castinande compartiu lecturas con alumnos de 1º de BAC do IES A Pinguela de Monforte, acompañados pola profesora de Lingua e literatura galega Mª José Vidal. Unha hora de lectura en voz alta , escoitando fragmentos de novelas e tamén poemas de diversos autores das nosas letras. Alí estiveron : Carlos Reigosa, Domingo Villar, Manuel Iglesias e Loreto Sesma . Entre nós estiveron as súas historias nas voces destes rapaces. Compartindo e disfrutando das historias de detectives e policías : Leo Caldas e o seu axudante Rafael Estévez, da memoria das aldeas e un pouco de poesía de amor. Grazas pola visita.












.

Comentarios

Entradas populares de este blog

HOXE EN SOBER

Os alumnos e alumnas da Escola municipal  de teatro  de  Sober   presentan hoxe ás 17:30 horas no auditorio do Centro Sociocultural   a obra 'Sira e o Robot' . 

Recomendaciòns lectoras

Recomendacións verán