Engadir título O club de lectura Pintor de Castinande rematou de ler a novela Plata quemada , do autor arxentino Ricardo Piglia . É unha novela "negra" publicada no 1997 en Buenos Aires. Parte dun caso real : un atraco a un furgón cheo de plata que sucedeu nesa capital no ano 1965. Os atracadores escapan a Montevideo e ata alí os persegue a policía. A novela novela recorda na súa formulación a "Sangre fría" de Truman Capote, polo estilo xornalístico e meticuloso de reconstruír a historia e polo seu afán de contar o caso co máximo de verosimilitude. As personaxes, a medida que os vamos coñecendo, resultan inquietantes e o autor, ó final, elévaos case á categoría de heroes. Non nos evita Ricardo Piglia ningunha das múltiples baixezas e maldades humanas: vamos a ter que enfrontarnos coa forma de traballar, utilizando como ferramenta habitual a tortura, da policía arxentina; darémonos tamén de bruces cunha maldade nihilista, sen sentido nin explicac...