Ir al contenido principal

CL-La república de los sueños, de Nélida Piñón

 



O Club de lectura da biblioteca comeza o ano 2016
coa novela :

 La república de los sueños de  Nélida Piñon.


Escritora e xornalista brasileira nada en Rio de Janeiro no ano 1937. A súa fascinación pola palabra tanto escrita como oral remóntase desde a súa infancia influída polos seus devanceiros celtas, galegos e brasileiros. Os seus avós eran galegos, de Cotobade (Pontevedra) e nesta novela "A república dos Sonhos" aparece reflexada unha parte da historia da  emigración galega.

É licenciada en Filosofía da Universidade de Columbia e é profesora da Universidade de Miami. Ten unha vasta obra literaria. En 1995 recibe o prestixioso premio Juan Rulfo. Logo foi presidenta da Academia Brasileira de Letras (ABL) entre 1996-1997, sendo a primeira vez que unha muller presidía unha academia literaria en todo o mundo.

 No ano 2003 recibe o premio Menéndez Pelayo. No 2004, a Universidade de Oklahoma outórgalle o premio Puterbaugh e no 2005 recibe o premio Príncipe de Asturias.


"Madruga e Venancio naceron co século. Coñecéronse no barco inglés que os trasladou de Vigo a Río de Janeiro no ano 1913. Apenas eran uns raparigos cando deixaron atrás a miseria e o desamparo do seu país para navegar detrás dun soño, rumbo aos paraísos de ultramar"


Comentarios

Entradas populares de este blog

HOXE EN SOBER

Os alumnos e alumnas da Escola municipal  de teatro  de  Sober   presentan hoxe ás 17:30 horas no auditorio do Centro Sociocultural   a obra 'Sira e o Robot' . 

Recomendaciòns lectoras

Recomendacións verán