No mes de maio, que chamamos mes das letras e celebramos a festa do idioma , homenaxeamos a MANUEL MARÍA FERNÁNDEZ TEIXEIRO , escritor vinculado á Ribeira Sacra durante unha longa etapa da súa vida. Casa museo Manuel María O día 6 coñecemos un pouco máis ao POETA DO MIÑO , grazas a presentación que fixeron có seu libro o colectivo Polo Correo do Vento . A Música e a Literatura foron as protagonistas dun concerto dos alumnos da Escola Municipal de Música de Sober , xunto coa Coral de adultos e tamén infantil e os nen@s participantes nas Merendas con Contos da Biblioteca Pública : Música , canto e lectura dos versos de " SOÑOS NA GAIOLA " . O Club de Lectura Pintor de Castinande participa tamén nas actividades programadas dende o Concello de Sober : cun encontro con Xose Lois García que presentou o seu estudio : MANU...