No mes de maio, que chamamos mes das letras e celebramos a festa do idioma, homenaxeamos a MANUEL MARÍA FERNÁNDEZ TEIXEIRO, escritor vinculado á Ribeira Sacra durante unha longa etapa da súa vida.
O día 6 coñecemos un pouco máis ao POETA DO MIÑO, grazas a presentación que fixeron có seu libro o colectivo
Polo Correo do Vento.
A Música e a Literatura foron as protagonistas dun concerto dos alumnos da Escola Municipal de Música de Sober, xunto coa Coral de adultos e tamén infantil e os nen@s participantes nas Merendas con Contos da Biblioteca Pública : Música , canto e lectura dos versos de " SOÑOS NA GAIOLA " .
![]() |
O Club de Lectura Pintor de Castinande participa tamén nas actividades programadas dende o Concello de Sober : cun encontro con Xose Lois García que presentou o seu estudio :
MANUEL MARÍA Reencontrado.
Os integrantes do CL gravaron poemas do poeta da Terra Chá que se están a emitir na emisora de radio local Onda Cero Monforte.
Outra das actividades para celebrar o Día das Letras foi o PROXECTO SEMENTEIRA.
A partires dunha proposta feita pola profesora de galego do IES A Pinguela, María José Vidal, coa participación dos seus alumnos , dos do CEIP Plurilingüe Virxe do Carme e tamén coa participación de usuarios da biblioteca pública de Sober , se elaboraron caligramas con poemas de Manuel María. Estiveron expostos nos centros educativos e tamén na praza do Concello de Sober có fin de espallar a obra do poeta chairego.
Durante todo o mes de maio e tamén no de xuño pódese visitar unha exposición de homenaxe a MANUEL MARÍA
Comentarios
Publicar un comentario