Ir al contenido principal

O GRAN XOGO DAS LETRAS GALEGAS


As piscinas municipais acolleron a tarde do 28 de xullo  o Gran Xogo das Letras Galegas, unha actividade para nenos e nenas a partir de seis anos organizada polo Programa de Animación á lectura Ler conta moito para  a Rede de Bibliotecas de Galicia, que foi realizada polo grupo Eduvía (Vías para a Educación ).
 

A través deste divertido xogo por equipos, os participantes coñeceron algo máis sobre a orixe e significado do Día das Letras Galegas, así como dos autores homenaxeados ata o momento, ao tempo que descubriron interesantes datos sobre a vida e obra do autor homenaxeado este ano, Manuel María.

Comentarios

Entradas populares de este blog

HOXE EN SOBER

Os alumnos e alumnas da Escola municipal  de teatro  de  Sober   presentan hoxe ás 17:30 horas no auditorio do Centro Sociocultural   a obra 'Sira e o Robot' . 

Recomendaciòns lectoras

Recomendacións verán