No mes de novembro, que estamos case rematando, o Club de Lectura da biblioteca de Sober tivo a oportunidade de coñecer a historia de cómo se proxectou e levou a cabo unha gran proeza sanitaria, a erradicación dunha das enfermidades que se cobrou un maior numero de vítimas, a viruela . A idea parte dun home dotado dunha excepcional intuición, forte personalidade e unha desmedida ambición de gloria, Francisco Xavier Balmis . Carlos IV outorgaralle a súa axuda e suxírelle como axudante a outro médico ben dotado de coñecementos, o Dr. Josep Salvany . A eles uniranse enfermeiros e practicantes e o máis importante de todo, os portadores do fluído da vacina, un grupo de nenos que irán a cargo dunha muller, ISABEL ZENDAL , reitora da inclusa de A Coruña, que se embarca nesta aventura denominada Real expedición filantrópica da vacina , có fin de mellorar a súa condición social. Isabel Zendal en la Expedición filantrópica de la vacun...