Ir al contenido principal

Premios María Moliner 2016


Con data do 2 de novembro falláronse en Madrid os premios ‘María Moliner’ de animación á lectura, na súa decimosétima edición que convoca anualmente o Ministerio de Cultura y Deporte en colaboración coa Federación Española de Municipios y Provincias e a Fundación Coca-Cola España

 Estes premios recoñecen os mellores proxectos de animación á lectura desenvolvidos polas bibliotecas de concellos de menos de 50.000 habitantes de toda España.
De entre os 300 proxectos seleccionados a nivel nacional, foron recoñecidos os presentados por 22 bibliotecas galegas, entre as cales se atopa 
O PROGRAMA DE ANIMACIÓN Á LECTURA 2016 da biblioteca de Sober.
GRAZAS A TODOS OS QUE FACEDES POSIBLE ESTE PROGRAMA : 
  •  GRAZAS AOS  NENOS E  AS NENAS QUE ASISTEN ÁS ACTIVIDADES DAS MERENDAS CON CONTOS , IMOS XA POLA QUINTA TEMPADA. 
  • ÁS FAMILIAS QUE OS ACOMPAÑAN. 
  •   E TAMÉN MOITAS GRAZAS AOS INTEGRANTES DO CLUB DE LECTURA PINTOR DE CASTINANDE POR ESTAR AÍ DENDE HAI XA NOVE ANOS.



Comentarios

Entradas populares de este blog

HOXE EN SOBER

Os alumnos e alumnas da Escola municipal  de teatro  de  Sober   presentan hoxe ás 17:30 horas no auditorio do Centro Sociocultural   a obra 'Sira e o Robot' . 

Recomendaciòns lectoras

Recomendacións verán