O club de lectura da biblioteca comezou o ano 2017 coa lectura de TÚ NO ERES COMO OTRAS MADRES . Esta é a historia de Else Kirschner, xudía alemá nada en Berlín a comezos do pasado século. Trátase dunha biografía que está escrita pola súa filla pequena Angelika Schrobsdorff. Dende que comeza a novela dámonos conta de que Else é unha muller singular e que destaca dende meniña na sociedade na que se desenvolve. Son os "felices anos 20 "do século pasado, e Berlín é unha cidade chea de liberdades ; as vangardas artísticas atraen a esta muller que levará unha existencia fóra das normas e barreiras propias da sociedade que a rodea. O futuro chega sen darse conta tanto para Else coma para as persoas que a rodean. Sufrirán, coma tantos outros, os horrores do holocausto e a Segunda Guerra mundial. A autora Angelika Schrobsdorff , nace o 24 de decembro de 1927, en Friburgo, Alemania, e faleceu o 31 de xullo de 2016 en Be...