
O club de lectura da biblioteca comezou o ano 2017 coa lectura de TÚ NO ERES COMO OTRAS MADRES.
Esta é a historia de Else Kirschner, xudía alemá nada en Berlín a comezos do pasado século.
Trátase dunha biografía que está escrita pola súa filla pequena Angelika Schrobsdorff.
Dende que comeza a novela dámonos conta de que Else é unha muller singular e que destaca dende meniña na sociedade na que se desenvolve. Son os "felices anos 20 "do século pasado, e Berlín é unha cidade chea de liberdades ; as vangardas artísticas atraen a esta muller que levará unha existencia fóra das normas e barreiras propias da sociedade que a rodea.
O futuro chega sen darse conta tanto para Else coma para as persoas que a rodean. Sufrirán, coma tantos outros, os horrores do holocausto e a Segunda Guerra mundial.
A autora
![]() |
Creceu en Berlín máis en 1938 ten que exiliarse coa sua nai e irmá a Sofía, Bulgaria, onde permanece ata ó remate da 2ª guerra mundial. Viviu en París e tamén pasou tempadas en Xerusalén.
A súa primeira novela "Die Herren", publicouse en 1961 ; posteriormente publicou una ducia de libros, algún deles sobre Bulgaria. "Tú no eres como otras madres", considerouse un best-seller e tamén foi levada ó cine.
Comentarios
Publicar un comentario