
Mentres fóra neva neva, Alicia xoga ao xadrez ca súa gatita Kiti e medita sobre como será o mundo alén do espello colgado na parede do seu salón.
Sorprenderase ao comprobar que pode atravesalo.
Dese lado espéralle outra partida de xadrez.
Esta vez xogará coas súas propias regras: alí as flores falan, os unicornios pelexan con leóns, o tempo avanza en sentido contrario?
TODO É POSIBLE NUN MUNDO AO REVÉS
Lewis Carroll | Autor
Lewis Carroll (Daresbury, 1832 - Guildford, 1898).
Charles Lutwidge Dodgson era o seu verdadeiro nome. Aos 18 anos ingresou na Universidade de Oxford, na que permaneceu durante preto de 50 anos. Foi ordenado diácono da Igrexa Anglicana e ensinou Matemáticas a tres xeracións de novos estudantes de Oxford e, o que é máis importante, escribiu dous das máis deliciosas narracións da literatura universal: Alicia no país das marabillas e A través do espello.
As Matemáticas foron a súa paixón. Tamén foi un notable fotógrafo, tentando recuperar, a través desta arte, a inocencia perdida (fotografou sobre todo a nenas, como Alice Liddell).
Comentarios
Publicar un comentario