desarrollou as actividades dos venres en colaboración con mulleres que quixeron mostrarnos as súas habilidades en diferentes campos.
Lorena, Teresa, Alba, Aroa, Lisbeth e Viki traballaron na biblioteca cós nenos e as nenas de Sober,
Lorena Quintas Rejo realiza decoración artesanal baseada na elaboración de cadros con fíos. No seu blog https://xogodefios podemos coñecer e admirar o seu traballo.
Nesta tarde das merendas con contos tivemos un obradoiro cós nenos e as nenas que viñeron á biblioteca e ademáis montamos unha exposición cós traballos de Lorena que tivo moitas visitas durante este mes de novembro.
Teresa Grau nas súas propias palabras : "Curiosa y vital, recorro muchos caminos: psicología, expresión corporal, teatro, doblaje, radio… hasta llegar a la narración oral donde por fin me he detenido y soy feliz.
Me tomo muy en serio conocerme, pero cuando cuento me trasformo y me sale la parte payasa, y eso me gusta.
Creo y siento que los cuentos son vitales en esta sociedad de la imagen que monopoliza a los héroes y heroínas de nuestros niñ@s y jóvenes, porque con tanta imagen enlatada la imaginación necesita de la lectura o escuchar historias para no languidecer.
Soy optimista, y creo que si cada cual crece y mejora, el planeta crecerá y evolucionará también.
Me he retirado con mi marido a una aldea del interior de la Ribera Sacra (Arxemil, cerca de Sober) y desde este entorno de naturaleza virgen espero que yo y mis historias sigamos creciendo."
![]() |
Curro e Rosita : contos sobre a tolerancia e amizade |
Lisbeth Sánchez Díaz : clarinete
Alba Varela Losada : percusión
Iago Varela Losada : trompeta
Este grupo de mozas acompañadas por Iago son alumnos da Escola Municipal de Música de Sober, nela se formaron e aquí continúan a súa aprendizaxe. Na biblioteca fixeron un pequeno concerto e presentaron os distintos instrumentos aos asistentes.
Grazas a todas estas mozas por acompañarnos os venres na biblioteca.
A lectura das merendas do mes de novembro :
XELA VOLVEUSE VAMPIRA , de Fina Casalderrey : "A protagonista é unha profesora que se chama Xela. Os nenos e nenas estaban moi contentos con ela pero este ano non saben o que lle pasa porque non xoga con eles e elas no recreo nin tampouco ri e cando toca o timbre quédase na clase a escuras; tampouco trae caramelos de mel.
A profesora Xela chegou un día a clase cunha lentes de cor negra e unha bufanda, e detrás dunha orella unha marca vermella e os ollos morados. Isto vírono cando a Xela se lle caeron as gafas e a bufanda. Os rapaces pensaron que se estaba convertendo en vampira, menos Breixo que pensaba que estaba mala de tristeza".
Na aula de informática , dirixidos por Rocío Fernández , os nenos e as nenas participantes nos venres das "Merendascon contos " comezan a familiarizarse co teclado, coa mecanografía e tamén algúns aspectos básicos de diferentes programas de deseño, para realizar con eles tarxetas de agasallo as nosas invitadas.
Comentarios
Publicar un comentario