A terceira lectura deste curso 2017-18, no Club de lectura Pintor de Castinande , da biblioteca de Sober, é a novela "Tierra de Brumas ", de Cristina López Barrio. É a historia dunha saga familiar que transcorre en Galicia e inclúe a dúas familias : a estirpe das Mencía , criadas pola natureza nas profundidades do bosque galego, e a aristocrática dinastía dos Novoa , a familia máis rica e poderosa da rexión. Ao pazo galego de Novoa chega Valentina unha nena de 11 anos que cruzou soa o Atlántico para reunirse coa súa avoa. Vén da Habana , onde vivía coa súa nai, pero queda orfa e faise cargo dela a súa avoa Bruna Mencía , , quen se fará cargo da súa educación co fin de convertela en herdeira da dinastía. Ambientada nun pazo galego , con habitacións deshabitadas, con mobles cubertos con sabas e alguén vivindo no soto da casa. Unha casa entre a néboa , un espeso bosque, tentando transmitir un pouco da maxia das novelas de época de Galicia. O relato...