Ir al contenido principal

A ILUSTRACIÓN


O pasado venres, 12 de xaneiro, dentro do noso programa de animación á lectura para os máis nov@s," Merendas con contos " tivemos a oportunidade de coñecer ao noso gran ilustrador AFONSO DANIEL RODRÍGUEZ CASTELAO.

Celebramos neste mes o DÍA DA LUSTRACIÓN en Galicia, que coincide coa data de nacemento de Castelao , e así celebramos unha das súas facetas , pois ademáis de escritor foi un gran debuxante. 


A primeira parte desta tarde pasáronna na biblioteca : 


 Posteriormente os  asistentes elaboraron un  kahoot na aula de informática. 
 Dividos en dous equipos ( verde e vermello ) fixeron o xogo con preguntas e respostas que previamente elaboraran  na biblioteca. 
Mediante esta aplicación, que é  unha ferramenta xenial,  os nenos e as nenas aprenderon e tamén houbo diversión.




Ás seis da tarde tivemos a inauguración da exposición de fotografía de
 PILI CHAOS : PAISAXES.


Acompañados pola autora das fotos , visitamos a exposición, que estará na biblioteca ata o dia 2 de febreiro.



           Para rematar esta intensa tarde Pili fíxo un obradoiro de debuxo coa luz, apoiada pola súa cámara fotográfica e as lanternas que @s nenos e as nenas trouxeron e que serviron de lapis para facer uns debuxos estupendos.

ESTE FOI O RESULTADO :













Comentarios

Entradas populares de este blog

HOXE EN SOBER

Os alumnos e alumnas da Escola municipal  de teatro  de  Sober   presentan hoxe ás 17:30 horas no auditorio do Centro Sociocultural   a obra 'Sira e o Robot' . 

Recomendaciòns lectoras

Recomendacións verán