O último venres de febreiro o Programa de animación á lectura Merendas con contos , estivo adicado a celebrar o aniversario do nacemento de Rosalía de Castro ( Santiago de Compostela 24 de febreiro de 1837- Padrón 15 de xullo de 1885) . Durante esta tarde lemos e escribimos textos de Rosalía para incluilos na nosa fiestra particular, elaborada polos nenos e as nenas de Sober . A AELG ( Asociación de Escritores en Lingua Galega ) propón todos os anos unha acción para celebrar o nacemento de Rosalía, e neste 2018 o lema foi : "Nun mundo de fiestras pechadas, buscamos o refacho de vento que as abra de vez. Nun mundo que busca facer as comunidades e as persoas máis pequenas, os cartos e a cobiza máis grandes, precisamos forza e profundidade, emoción e pensamento. Ante as fiestras pechadas contra a vida, contra as voces das mulleres, das desprazadas e das nosas outras cómprenos unha palabra firme e abranguente que...