A última novela da escritora María Dueñas , foi a elexida polo CL Pintor de Castinande para rematar o presente curso. Victoria, Mona e Luz, tres irmás españolas,son as protagonistas da trama. Desembarcan case á forza na NY dos anos 30.para tomar as rendas dunha modesta casa de comidas de nome "O Capitán" . Obrigadas pola morte accidental do seu pai, terán que poñerse a fronte deste negocio . Grazas as aventuras e desventuras , os amores e desamores destas tres mozas, coñeceremos un bo número de historias sobre a emigración a EEUU, en concreto os emigrados a cidade de NY, irlandeses, mexicanos e preto de 40.000 españoles que se asentaron nunha zona determinada desa cidade, arredor da rúa Catorce. Xunto as tres mulleres atopamos tamén personaxes da aristocracia da época : Alfonso de Borbón y Battemberg, conde de Covadonga, destinado a ser o rei de España, senón fose pola proclamación da II República que levou a toda a súa familia ó exilio. Novela de áx...