Ir al contenido principal

CL-Las hijas del Capitán, de María Dueñas


A última novela da escritora María Dueñas, foi a elexida polo CL Pintor de Castinande para rematar o presente curso. 

Victoria, Mona e Luz, tres irmás españolas,son as protagonistas da trama. Desembarcan case á forza na NY dos anos 30.para tomar as rendas dunha modesta casa de comidas de nome "O Capitán" . Obrigadas pola morte accidental do seu pai, terán que poñerse a fronte deste negocio . 

Grazas as aventuras e desventuras , os amores e desamores destas tres mozas, coñeceremos un bo número de historias sobre a emigración a EEUU, en concreto os emigrados a cidade de NY, irlandeses, mexicanos e preto de 40.000 españoles que se asentaron nunha zona determinada desa cidade, arredor da rúa Catorce. Xunto as tres mulleres atopamos tamén personaxes da aristocracia da época : Alfonso de Borbón y Battemberg, conde de Covadonga, destinado a ser o rei de España, senón fose pola proclamación da II República que levou a toda a súa familia ó exilio. 

Novela de áxil lectura que podemos atopar na biblioteca en novidades .

María Dueñas ( (Puertollano, Cidade Real, 1964) é doutora en Filoloxía Inglesa. Tras dúas décadas dedicada á vida académica, irrompe no mundo da literatura en 2009 co Tiempo entre costuras,  novela que se converteu nun fenómeno editorial . As súas obras posteriores, Misión Olvido  (2012) e La Templanza (2015), continuaron cativando por igual a lectores e crítica. Traducida a máis de trinta e cinco linguas e con millóns de exemplares vendidos en todo o mundo, María Dueñas  converteuse nunha das autoras máis estimadas tanto no noso país como en América Latina. Las hijas del capitán  é a súa cuarta novela. ( información da páxina da propia autora) .


Comentarios

Entradas populares de este blog

HOXE EN SOBER

Os alumnos e alumnas da Escola municipal  de teatro  de  Sober   presentan hoxe ás 17:30 horas no auditorio do Centro Sociocultural   a obra 'Sira e o Robot' . 

Recomendaciòns lectoras

Recomendacións verán