O CL Pintor de Castinande mergúllase na lectura desta novela, primeira dunha saga de catro historias que teñen lugar na cidade de Nápoles nos anos 70 do século pasado. As protagonistas da novela , Lila e Lenú , amigas dende nenas, móstranos a vida nun barrio obrero, no que para sobrevivir teñen que utilizar a astucia antes que a intelixencia. A relación entre as dúas amigas neste primer volume da serie escrita por Elena Ferrante , móstranos a realidade dun barrio pobre, habitado por xente humilde que acata sen protestar a lei do máis forte. É esta unha historia sobre a amizade, o patriarcado , os cambios políticos en Italia e no resto de Europa. A autora : Elena Ferrante é o pseudónimo dunha escritora da cal hai moi pouca información. Algúns afirman que naceu en Nápoles , logo mudouse a Grecia e finalmente a Turín. Nunha entrevista outorgada ao xornalista Paolo Dei Stefano, Ferrante declarou: "Non me arrepinto do meu anonimato. Descubri...