Neste mes de xaneiro na biblioteca de Sober celebramos o DÍA DA ILUSTRACIÓN , que se celebra o 30 de xaneiro , coincidindo co día do nacemento de ALFONSO DANIEL RODRÍGUEZ CASTELAO ( Rianxo 1886-Buenos Aires 1950 ) As actividades programadas para este mes teñen que ver coa lectura pero tamén coas cores. Fixemos dous obradoiros : o primeiro de pintura creativa sobre lenzo. Na segunda quincena do mes tivemos un obradoiro de creación dun conto para kamishibai. O soldadiño de chumbo , conto de H.C. ANDERSEN, con Laura R. e Laura G. Noticia recollida pola prensa da nosa provincia Na aula de informática e tamén na multimedia , os nenos e as nenas coñeceron a biografía de CASTELAO e fixeron un play comic. Noticia recollida pola prensa da nosa provincia Practicaron a mecanografía copiando o texto do conto kamishibai " A xoaniña e o piñeiro, de Josefa Contijoch e Luis Filella" ...