Ir al contenido principal

Poemas no nadal



Postais de Nadal feitas polos nenos e as nenas da biblioteca de Sober

O NADAL                                                                                             
Agora é tempo de Nadal
e imos festexar
porque é un día moi especial
que hai que celebrar.

Ven o Apalpador
e os Reis Magos tamén
con agasallos para todos
os que se porten ben.

O Nadal é un tempo para descansar
e estar o lado de persoas queridas
que nunca che olvidarán.

O Nadal é tempo para estar contentos
e pensar en cousas boas
cantando villancicos
ás persoas que están soas. 

UXÍA TRAIL BATES, 11 anos



O RELOXO DO NADAL
Tic tac soa o reloxo
o meniño está perto.
Ano tras ano é 
a mesma canción.
Miro arredor e vexo
a xente toda coa 
mesma ilusión.
Xogando e correndo
os nenos na rúa
están coa ledicia 
de levantarse pola 
mañá e encontrar 
a árbore chea de agasallos.
A ilusión dun neno
está no tic tac
do seu corazón.

CRISTIAN DOURADO RODRÍGUEZ, 7 anos



O NADAL
Un bonito día
esperando o seu chegar
saltando de alegría
porque estamos no Nadal.

Días festivos 
e divertidos
que sexan alegres
e moi activos.

Ca familia imos estar
rindo felices
xunto a árbore de Nadal.

Os copos de neve,
caindo do ceo
con sutileza
máis brancos que o xeo.

Qué bonitos días, han de pasar, 
cheos de momentos máxicos, 
que só ocorren no Nadal.

Bo Nadal
Feliz Aninovo
Felices Festas
que os desexo a todos ¡¡¡

AITANA CRUZ RODRÍGUEZ CASADO, 11 anos



O NENO
Noite longa
noite fría
na que naceu
o Mesías.
Parece un anxiño
con esa cariña
tan redondiña.
Metido entre pallas
con doce sorriso
un burro, unha vaca
José e María.
Que ben que ben
que naceu
en Belén. 

BRAIS RODRÍGUEZ ÁLVAREZ, 10 anos

Estes poemas foron os gañadores do Certame de poesía infantil Nadal 2018, convocado pola BPM de Sober e a  Biblioteca Pública de Lugo.


Comentarios

Entradas populares de este blog

Encontro co autor : UNO DE TANTOS, de JOSÉ BALBOA

                                                   JOSÉ BALBOA RODRÍGUEZ  “Uno de tantos' narra una historia de aquellos que no tenemos voz". JOSÉ BALBOA  E O SEU BLOG  RELATOS DEL CAMINANTE A VENDA DESTE LIBRO DESTÍNASE Á INVESTIGACIÓN DA ELA  (Esclerosis lateral amiotrófica) MÉRCORES 31 DE MAIO ÁS 19:30h. Club de lectura Pintor de Castinande Biblioteca de Sober

Premiados Certames de Nadal

 O venres día 3 de xaneiro tivemos unha tarde chea  de premios. O alcalde de Sober, Luís Fernández Guitián, , fixo entrega dos premios e agasallos aos gañadores dos diferentes  concursos convocados polo Nadal.  Premiados ano 2024 CERTAME DE POSTAIS Categoría A 1º ALFONSO RODRÍGUEZ RODRÍGUEZ 2º TEO CASTRO LÓPEZ 3º LUKA RIVERO LOSADA Accésit : ANTÍA RODRÍGUEZ RODRÍGUEZ e LUKA RIVERO LOSADA Categoría B 1º GABRIEL DOURADO RODRÍGUEZ 2º XIANA RODRÍGUEZ ÁLVAREZ 3º ADA CASTRO LÓPEZ Premios á participación : -RESIDENCIA DE MAIORES  NOSA SEÑORA DO CARME                                         -CEIP PLURILINGÜE VIRXE DO CARME CERTAME DE BELÉNS Categoría infantil 1º XIANA RODRÍGUEZ e CARLA MARTÍNEZ PARDO 2º ADRIANA GONZÁLEZ DE LA TORRE 3º GABRIEL DOURADO RODRÍGUEZ Premio á participación : RESIDENCIA DE MAIRES NOSA SEÑORA DO CARME Categoría adultos 1º RAQUEL ÁLVAREZ PÉREZ 2º C...

Merendas con Contos - Febreiro