Lectura do mes de marzo no CL Pintor de Castinande. Rosalía, a leiteira, percorre todos os días o camiño de ida e volta desde a súa casa en Cobas ata Ferrol, para vender o leite e sacar adiante ás súas fillas coas vacas e un pouco de terra que o seu marido deixoulle antes de emigrar. Considera que ten que casar ben á súa filla maior, Elisa , mentres que á menor, Sabela , a reserva para facerse cargo dela cando sexa maior e como herdeira do seu negocio. Á beira destas mulleres valentes, viven homes : Manuel, Elías , Martín , persoaxes masculinos tamén relevantes ainda que con moita menos forza narrativa. A novela desenvólvese na primeira metade do século XX, con algunha referencia ao século XIX. O título da novela alude ás mulleres que se pasan os anos esperando o regreso dos seus maridos , que foron a América do sur a facer fortuna. A protagonista, Elisa acepta os convencionalismos que a súa nai impón aínda que será o seu propio impulso o que marque a sú...