Ir al contenido principal

A MARITÉ e MILUCHA , IN MEMORIAM




"Cando os que amamos se van para sempre, pasan de vivir entre nós para vivir con nós"

Hai adeuses voluntarios, outros impostos polas circunstancias e tamén os que non son tal porque sabemos que nalgunha esquina da vida quedarán diluidos na alegría do reencontro.

Hai un adeus imposto que nos parece definitivo, sen retorno, que nos deixa como herdanza unha longa rúa de ausencias. É o abrazo xélido que trae a morte, é o atoparnos cara a cara coa nada. É a resignada aceptación do inevitable, descubrindo de súpeto que somos insignificantes diante a magnitude do Universo.

Cando o loito enche cada curruncho dos sentiementos, podemos chorar por ese ser amado que se nos foi. Mais, ata nesa mesma néboa de dor, é posible sementar unha luciña redentora, un agradecemento infinito porque compartiu parte desa vida con nós. Non pode volver, por moito que nos asolaguemos nas bágoas, pero pode estar en cada momento que o traiamos ao presente pola maxia do recordo. A morte inmortaliza ós que amamos. O esquecemento entérraos para sempre.

Os compoñentes do Club de Lectura Pintor de Castinande queremos agradecervos o tempo que floreceu coa vosa compañía. Lembrarémosvos en cada libro que leamos, en cada parágrafo que comentemos, en cada lugar que garde a aura da vosa presenza.

Grazas por estar.
Teresa Fernández Vázquez e Emilia González Rodríguez
entre compañeiros de lecturas e cafés, e xa amigos para sempre. 




  Autora deste texto : MONCHA 

Comentarios

Entradas populares de este blog

Encontro co autor : UNO DE TANTOS, de JOSÉ BALBOA

                                                   JOSÉ BALBOA RODRÍGUEZ  “Uno de tantos' narra una historia de aquellos que no tenemos voz". JOSÉ BALBOA  E O SEU BLOG  RELATOS DEL CAMINANTE A VENDA DESTE LIBRO DESTÍNASE Á INVESTIGACIÓN DA ELA  (Esclerosis lateral amiotrófica) MÉRCORES 31 DE MAIO ÁS 19:30h. Club de lectura Pintor de Castinande Biblioteca de Sober

Premiados Certames de Nadal

 O venres día 3 de xaneiro tivemos unha tarde chea  de premios. O alcalde de Sober, Luís Fernández Guitián, , fixo entrega dos premios e agasallos aos gañadores dos diferentes  concursos convocados polo Nadal.  Premiados ano 2024 CERTAME DE POSTAIS Categoría A 1º ALFONSO RODRÍGUEZ RODRÍGUEZ 2º TEO CASTRO LÓPEZ 3º LUKA RIVERO LOSADA Accésit : ANTÍA RODRÍGUEZ RODRÍGUEZ e LUKA RIVERO LOSADA Categoría B 1º GABRIEL DOURADO RODRÍGUEZ 2º XIANA RODRÍGUEZ ÁLVAREZ 3º ADA CASTRO LÓPEZ Premios á participación : -RESIDENCIA DE MAIORES  NOSA SEÑORA DO CARME                                         -CEIP PLURILINGÜE VIRXE DO CARME CERTAME DE BELÉNS Categoría infantil 1º XIANA RODRÍGUEZ e CARLA MARTÍNEZ PARDO 2º ADRIANA GONZÁLEZ DE LA TORRE 3º GABRIEL DOURADO RODRÍGUEZ Premio á participación : RESIDENCIA DE MAIRES NOSA SEÑORA DO CARME Categoría adultos 1º RAQUEL ÁLVAREZ PÉREZ 2º C...

Merendas con Contos - Febreiro